Todas as versións de WordPress traducidas ó galego, están dentro do cartafol "tags". Só tes que descargar o arquivo gl_ES.mo que corresponda á túa versión de WordPress, e copialo no cartafol /wp-includes/languages/ da túa instalación de WordPress. (se é a primeira instalación, probablemente teñas que crear tal cartafol) Logo modifica a liña: define ('WPLANG', ''); que está no arquivo /wp-config.php de xeito que quede: define ('WPLANG', 'gl_ES'); Tamén están dispoñibles os arquivos fonte de wordpress, gl_ES.po así como as orixes de traducción, wordpress.pot Calquera suxerencia, dúbida, consulta, corrección,... podedes dirixila a: wpgalego@adorfunteca.org